Xa está na rúa o libro «O río das nosas vidas: o Anllóns», publicado e editado pola asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.
«O río das nosas vidas: o Anllóns» é o cuarto libro que publica esta asociación e o quinto que produce como editora.
Fálase e publícase bastante sobre o río Anllóns, mais bótase de menos unha publicación que trate a fondo aqueles aspectos que cada vez nos preocupan máis, como é o caso dos problemas que afectan con máis intensidade aos ecosistemas fluviais e aos bosques de ribeira. Vivimos de espaldas aos ríos e o Anllóns e os seus numerosos afluentes non son unha excepción. A saúde dos ecosistemas fluviais, e en particular a saúde do río Anllóns, pende dun fío.
O 14 de marzo de cada ano, Día Internacional dos Ríos, desde a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lembramos os problemas que padece o Anllóns, mais con esta publicación preténdese ir un pouco máis lexos e deixar constancia das graves problemáticas que lle están a afectar.
Con unha intencionalidade claramente didáctica, queremos lembrar os problemas que están a afectar seriamente á saúde do Anllóns. As Administracións falan do desarrollo de proxectos vencellados ao desarrollo turístico do río, pero esquecen os impactos ambientais dos mesmos.
Hai multitude de problemas que afectan ao río Anllóns: a seca derivada do cambio climático, as centrais hidroeléctricas que ocupan o seu cauce, os vertidos de puríns, o abuso de pesticidas, de herbicidas, abonos, sulfatos, novas captacións de auga, fallos no saneamento das augas residuais, plástico, lixo, o chumbo dos proxectís de campos de tiro, o arsénico da antiga minaría…etc.
Vamos camiño de finiquitar a vida do noso río. As cidadás e os cidadáns temos que asumir un papel activo e coidar do noso río. Esixir tamén as Administracións responsables que cumpran cos seus deberes e coiden os ecosistemas fluviais. Decía o sociólogo Salvador Giner que «a primeira misión dos cidadáns é educar aos seus gobernantes», «o cidadán democrático está sinalando aos seus representantes de forma constante onde está situado o umbral do tolerable» ou «o verdadeiramente revolucionario da democracia é que todos somos políticos».
Por iso non podemos seguir sendo cómplices da súa morte e vamos a asumir un papel activo na súa defensa. Temos que sentir a súa alma, tratalo como tratan en Nova Zelandia aos seus ríos, isto é como persoas xurídicas, como seres titulares de dereitos. Só así podemos garantir a súa supervivencia e a súa funcionalidade.
O libro que ten unha finalidade sobre todo didáctica mergúllase na historia do río, nos valores culturais e na xeografía, ademais de dar boa cadra dos seus problemas ambientais.
Tamén queremos crear remorsos naquelas persoas físicas, xurídicas e administracións públicas que consciente ou inconscientemente danan o noso río, e facémolo e voltaremos a facelo, e incluso os sinalamos directamente, porque a partires de agora, quen dane ao Anllóns, vai a quedar constancia escrita do dano e da súa responsabilidade.
Sen dúbida non deixará indiferente a ningúen…., para ben e/ou para mal.
