Galería

Os proxectos eólicos de Campelo, Bustelo e Toural, un único proxecto industrial

Estamos ante un único proxecto industrial eólico formado por 3 subproxectos e 1 parque xa en funcionamento, Bustelo, Campelo, Monte Toural e Castelo. Falla unha avaliación sinérxica, conxunta e global dos impactos significativos e afeccións que causarán todos estes eólicos sobre a avifauna, a paisaxe, a temperatura local e global, xa que todos eles están a menos de 5 kilómetros, polo que esta separación como a propia empresa recoñece, é insuficiente para que non se produzan efectos conxuntos entre parques.

O parque eólico Castelo está a 1, 4 Km, formado por 25 aeroxeneradores. Coincidirán varios proxectos simultáneamente no tempo durante a execución das obras e ao longo do periodo previsto de explotación.

A propia empresa Greenalia Power, S.L.U. recoñece que: “Una vez en funcionamiento se pueden producir efectos globales sobre la atmósfera (ruido), fauna y paisaje” (Memoria sectorial, páxina 128).

3.png

Ausencia de interés especial do proxecto e ausencia da súa xustificación

Mediante a Resolución do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, publicáase o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaraban de interés especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas.

Así recoñecíase o suposto “interés especial” dos proxectos: Bustelo, Monte Toural, Campelo e LAT 220 kV Campelo-Mesón. Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

Sen embargo, a declaración de interese especial ten que facerse en base a unha MEMORIA presentada pola empresa promotora, e na que ten que constar o indicado na Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, isto é: “A solicitude de declaración de interés especial destes proxectos realizarase á consellería competente en materia de enerxía, presentando unha memoria que conteña a súa especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros, así como unha declaración responsable de que o proxecto desarrollarase no marco das subastas indicadas anteriormente, debendo determinar o prazo previsto para a súa execución”.

Onde está a Memoria indicada? Onde se acreditou ese interés especial e eses supostos beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros?

Galería

Os humidais afectados polo proxecto eólico “Bustelo”: a lagoa de Alcaián e o Marco do Couto

O elemento hidrolóxico de maior importancia constitúeo a lagoa de Alcaián situado a 523 metros ao oeste do centro colector, así mesmo cabe nomear a presenza do humidal chamado Marco do Couto situado a 610 m ao suroeste do aeroxerador 05.

Indica a empresa que: “As obras proxectadas nas proximidades de Marco do Couto son o acondicionamento da pista forestal existente que delimita este humidal polo que, ao tratarse de obras de pequena entidade, non se esperan afeccións sobre este humidal. Así mesmo, cabe sinalar que as obras de acondicionamento só afectarán a plantacións forestais de especies arbóreas, picea e piñeiro insigne, que se atopan ao bordo da pista existente na zona catalogada como humidal protexido. Non se producirá ningunha afección sobre as formacións vexetais de ribeira, tanto pola ausencia delas na contorna como polas distancias conservadas coas canles e lagoas existentes”. Sen embargo, isto non é verdade. Trátase de espazos sensibles que deben ser valorados de maneira máis adecuada, tendo en conta os efectos tanto directos como indirectos.

A empresa promotora debería identificar solucións alternativas que eviten, mitiguen ou compensen os impactos adversos na diversidade biolóxica, incluída a opción de non continuar co desenvolvemento, atopando outros lugares que eviten os impactos.

Código identificador do humidal:

1110330 O Pozo

1110331 Marco do Couto

1110234 Lagoa de Alcaián

1110285 Fervenza de Sampaio

A estreita relación entre os humidais e as aves acuáticas e a avaifauna en xeral, obriga a reconsiderar a ubicación do proxecto do parque eólico Bustelo, Campelo e Toural. Non se deben ubicar este tipo de infraestruturas á beira de espazos de alto valor ecolóxico e ambiental como é o caso.

humidais protexidos.png
Listado de humidais no municipio de Coristanco
Galería

A promotora do parque eólico Bustelo, Greenalia Power S.L.U., confía que as aves lean as instrucións para circular entre os viraventos das futuras instalacións e así evitar as colisións coas pas

A promotora confía na capacidade de reacción das especies (aves) para eludir o efecto barreira xerado polos parques sobre os desprazamentos da avifauna: “Analizando las disposiciones de los parques, tampoco se debería producir un aumento sobre el efecto barrera generado por los parques sobre los posibles desplazamientos norte-sur, ya que el parque eólico Bustelo presenta una disposición de las máquinas en cuatro grupos lo que permite aumentar la capacidad de reacción de las especies”.

A empresa gábase da sorte que ten a avifauna, xa que no interior do parque eólico Bustelo contaría con un baleiro e unha banda libre para evitar colisións, duns 146 metros como mínimo. Tal aseveración considérase surrealista, posto que as aves non se rixen por esta lóxica nin evidentemente se van a ler as instrucións de Greenalia Power, S.L.U. para circular por eses espazos: “En estos movimientos también es importante la presencia del vacío dejado en el interior del parque eólico Bustelo de entre 0,68 y 1 kilómetro entre agrupaciones de aerogeneradores y las separaciones establecidas entre máquinas, que dejan una banda libre de colisiones de unos 146 metros como mínimo”.

A falla de rigor técnico e científico da empresa promotora é evidente.

1.jpg