Galería

O lugar de Mira, en Coristanco e o lugar de Sabaceda, en Santa Comba, moi afectados polo proxecto eólico Monte Toural

No día de hoxe publicouse no DOG o ACORDO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Toural, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (A Coruña) (expediente IN408A 2017/17).

A 360 metros do núcleo de Mira, ocupan a parcela Ganaduría, Chousa da Tella e Chousa do Rego e a menos de 500 metros desde Fonte Sucada; a 300 metros desde Mato Vello e da Chousa da Fonte e a 700 desde Pedra Aguieira.

O proxecto atravesa Coristanco en dirección a Santa Comba a través da Fonte do Raposo e Fonte Sucada, atravesando o Monte Toural en dirección a Porto Sacadella e Covacha, ata chegar á Pedra dos Lagos.

Ao igual que en Coristanco, o lugar de Sabaceda, en Santa Comba, quedaría a 480 metros desde as instalacións ubicadas na Rebeiriña e na Pedra dos Lagos. Moi afectado tamén o Porto Sagadela que atravesa o rego do Lodeiro.

A menos de 1 Km está o parque eólico de Monte Maior e a menos de 500 metros da lagoa de Alcaián, sumándose así  á restra de eólicos do proxecto Campelo e Bustelo.

A característica común ás terras que afectadas por este proxecto é a súa especial aptitude agraria e a enorme cantidade de mananciais, regos e fontes de auga que quedarían incardinadas dentro da área de afección das infraestruturas eólicas.

1.png
Afeccións ao lugar de Mira, en Coristanco por parte do proxecto eólico Monte Toural