Galería

O Mediterráneo, a fronteira máis perigosa do planeta

A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, promove en Santiago de Compostela un  Círculo de Silencio  (que se desenvolve noutras cidades e vilas de Galicia, de España e tamén a nivel internacional)  para recordar e denunciar de forma pública e continuada  ás mortes que provocan as políticas de migración e refuxio  dos países da Unión Europea, tamén as de España.  “TEREMOS EN CONTA DUN XEITO ESPECIAL  QUE NESTE PRIMEIROS MESES DO ANO 2019, O MEDITERRÁNEO ESTÁ A SER A FRONTEIRA MÁIS PERIGOSA DO PLANETA, CO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS MORTAS OU DESAPARECIDAS”.

Ás cifras de ACNUR de mortes no mar, hai que sumar ás que se producen nos desertos de África e Oriente Próximo (antes de chegar  ás costas próximas a Europa), ás que se producen nos mesmos  campos de refuxidad@s,  ou as que provocan tamén  ás lexislacións de estranxeiría dos países da Unión Europea, incluída a Española. Por iso, convocamos ao conxunto da cidadanía galega e compostelá  a participar nesta iniciativa:

 O  CÍRCULO DE SILENCIO DIRIXIDO NESTA OCASIÓN POR MANS UNIDAS  terá lugar este

XOVES 6 DE XUÑO, ás

20:00 H, na  PRAZA DE CERVANTES

Todos os primeiros xoves de mes, no mesmo lugar e a mesma hora, desenvolvemos  durante 20 minutos un acto público similar, baseado no silencio , aberto áo conxunto da cidadanía.

Anímate a participar!

non no noso nome