Galería

Coñece o parque eólico Mistral de 100,8 MW e a súa infraestrutura de evacuación en Lugo e o parque eólico Nordés de 67,2  MW e a súa infraestrutura de evacuación na Coruña e Lugo. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do parque eólico Mistral de 100,8  MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo e do parque eólico  Nordés de 67,2  MW e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións aos proxectos eólicos Mistral e Nordés. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de outubro de 2021.

Podes consultar o anuncio no BOP da Coruña e os proxectos nos seguintes enlaces:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006413.pdf

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/e81d4c6dab4be13c17155e6d29cd48c725b90dcc

Galería

Xa podes descargar os modelos de alegacións aos parques eólicos mariños San Brandán e San Cibrao. Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga os modelos de alegacións aos documento de inicio dos parques eólicos mariños flotantes San Brandán e San Cibrao. Só tes que cubrir a cabeceira dos escritos cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntaos no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de setembro de 2021.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico arquivou os expedientes dos parques eólicos mariños San Brandán e San Cibrao para comezar unha nova tramitación. Por iso ábrese de novo o prazo para presentar alegacións aos novos parques.


Ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 (BOE de 5/02/2008), o papel do dereito non é recoñecer e protexer un valor ou unha beleza paisaxística particulares; o que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan. Ninguén, incluído o goberno de España, ten dereito a  emborronar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada. E o dereito á Paisaxe non pode ser determinado por un desenvolvemento económico que non ten en conta a aparencia dos territorios aos que afecta, senón que debe reflectir as verdadeiras aspiracións dos homes e mulleres que o habitan. E no caso dos parques eólicos San Cibrao e San Brandán o rexeitamento social é masivo.  #stopeólicos

Galería

Augas de Galicia sanciona ao concello de Cabana por vertidos no litoral no lugar da Áspera -Cesullas

Augas de Galicia sanciona ao concello de Cabana por vertidos no litoral, no lugar da Áspera -Cesullas.

O concello xustifica o vertido baséandose en que este se producía nun lugar recóndito que escapaba ao seu control. Por outra banda aportou a Augas de Galicia o proxecto de mellora da EDAR do Balado no POS da Deputación provincial para a financiación por esta.

Así e todo a sanción inicial de 2.500 euros foi rebaixada a 1.500 euros, por non ser reincidente este na súa comisión, tipifícándose como unha infracción leve.

Augas de Galicia observou sen embargo unha conduta contradictoria nas alegacións do concello, entre que o vertido se producía por causas alleas a este e a presentación do proxecto de mellora da EDAR do Balado, o que denota que o sistema non funcionaba con normalidade.

12

 

22