Galería

O parque eólico Mesada ameaza ao humidal das Brañas da Seixiña no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Pide a revisión da Declaración de Impacto ambiental para a súa conservación. Descarga o modelo e participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de revisión do parque eólico Mesada no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Recoméndase presentar o antes posible.

Á anterior solicitude de revisión non esquezas engadir o seguinte documento:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

O Humidal das Brañas da Seixiña

Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de  turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e  acumuladores de carbono.

O humidal As Brañas da Seixiña ocupa unhas dimensións entre os 70.000 e 80.000 metros cadrados. As parcelas afectadas ubícanse na paraxe da Armada, Seixiñas e Zarra de Fontán ou Guntán, nos polígonos 78 e 79 do Catastro parcelario do municipio de Vila de Cruces.

A estrutura pechada e  esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos  erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca  hidrográfica.

Posteriormente, toda a auga retida pola  turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura  esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as  turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da  turbeira. As Brañas da Seixiña son alimentadas polas augas do Regueiro O Seixo, na Zarra de Fontán ou Guntán, no lugar da Pastoriza, parroquia de Carbia (Vila de Cruces). O Regueiro O Seixo orixínase no nacemento do rego do Seixo que aliméntase no seu devir das augas doutros puntos de auga que abrollan no terreo.

Carum verticillatum, especie propia dos humidais galegos e que dá nome á parroquia de Carbia en Vila de Cruces (Pontevedra)
Galería

Coñece o proxecto da liña de evacuación conxunta dos parques eólicos Axóuxere, Cunca e Rodeira nos municipios de Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto da liña de evacuación conxunta dos parques eólicos Axóuxere, Cunca e Rodeira nos municipios de Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o resumo do documento de inicio:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto da liña de evacuación conxunta dos parques eólicos Axóuxere, Cunca e Rodeira nos municipios de Vila de Cruces, Silleda e Lalín (Pontevedra). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Recoméndase presentar o antes posible.

Impactos significativos sobre o bosque autótono galego e a vexetación de ribeira
Afección significativa á base territorial das explotacións agrogandeiras
Galería

Coñece o macroproxecto eólico Pedrabante e a súa infraestrutura de evacuación, nos municipios de Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Pedrabante e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Pedrabante e a súa infraestrutura de evacuación. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de xuño de 2021.

Á anterior alegación non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

Imaxe do proxecto do parque eólico Pedrabante e a infraestrutura de evacuación
Galería

Coñece o macroproxecto eólico Berdoias e a súa infraestrutura de evacuación, nos municipios de Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Berdoias e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Berdoais. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de xuño de 2021.

Á anterior alegación non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

Imaxes do proxecto do parque eólico Berdoais con afección á terras agrícolas
Imaxe do proxecto do parque eólico Berdoias e a súa infraestrutura de evacuación

Galería

Veciñas de Roma e Meanos no municipio de Zas (A Coruña) piden axuda para frear o parque eólico Monte Tourado que promove Norvento S.L. Descarga o modelo de solicitude de revisión da Declaración de impacto ambiental e participa!

Despois de case 9 anos de tramitación, no DOG Núm. 80 de 29 de abril de 2021 publicouse a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, relativa ao proxecto do parque eólico Monte Tourado, nos concellos de Zas e Vimianzo (A Coruña), promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2011/05).

A veciñanza das parroquias de Roma e Meanos no municipio coruñés de Zas considera inxusta a aprobación favorable da Declaración de impacto ambiental dun parque eólico que lles vai a deixar o monte e a paisaxe fragmentada e sobre todo, que vai a ter un impacto significativo nas brañas de Roma. Por iso piden axuda para frear o proxecto eólico Monte Tourado.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de revisión e declaración de nulidade da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao, acompañado sempre dos dous documento pdf que se achegan, no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Axudémoslle á veciñanza!

Á anterior solicitude non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

Galería

Coñece o proxecto eólico Nesa Monte Arca Sur no municipio da Estrada (Pontevedra), outro máis do complexo eólico Monte Arca. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do parque eólico Nesa Monte Arca Sur no municipio da Estrada (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico Nesa Monte Arca Sur. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de xuño de 2021.

Imaxes do documento de inicio do parque eólico Nesa Monte Arca Sur
Galería

Coñece o proxecto eólico Nesa Monte Arca Norte, no municipio da Estrada (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do documento de inicio do proxecto do parque eólico Nesa Monte Arca Norte no municipio da Estrada (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao documento de inicio do parque eólico Nesa Monte Arca Norte. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 7 de xuño de 2021.

Imaxes do documento de inicio do proxecto eólico Nesa Monte Arca Norte

Galería

Coñece o proxecto eólico Acibal en Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra), que afecta ás Brañas de Amil e que xa ten aprobada a Liña de evacuación, obxecto doutro proxecto. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Acibal, sito nos municipios de Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Acibal. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 26 de maio de 2021.

Proxecto eólico Acibal

Galería

Coñece o proxecto eólico Porto Vidros, sito nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra). Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Porto Vidros, sito nos municipios de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Porto Vidros. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 21 de maio de 2021.

Afección aos recursos hídricos

O proxecto eólico non garante a  conectividade  ecolóxica, implica a fragmentación de hábitats e a perda de biodiversidade con gran afección para os cabalos salvaxes. Non hai máis que ver a fotografía, que a promotora amosa no proxecto de estudo de impacto ambiental, onde uns cabalos buscan a sombra dun aeroxerador ante a ausencia total de arborado. É evidente que durante a explotación do parque produciríanse afeccións sobre a especie.

Galería

Coñece o proxecto eólico Cunca no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra) e o seu impacto paisaxístico no Mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Cunca no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Cunca. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 21 de maio de 2021.

Afección severa aos recursos hídricos e á ZEC Sistema fluvial Ulla – Deza