Coñece as características do proxecto do parque eólico San Vicente de Noal no municipio de Porto do Son (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico San Vicente de Noal no municipio de Porto do Son (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 9 de maio de 2022.
Visibilidade do parque eólico Maragouto desde Pino do Val, Mazaricos. Imaxe do proxecto da promotora.
Visibilidade do parque eólico Maragouto desde Pino do Val, Mazaricos. Imaxe do proxecto da promotora.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegación á declaración de utilidade pública do parque eólico Maragouto, en Outes e Mazaricos (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 1 de xuño de 2022.
A Croa, na parroquia de San Martiño de Figueiras, Mondoñedo
A Croa, na parroquia de San Martiño de Figueiras, Mondoñedo
Coñece as características do proxecto do parque eólico Figueiras, nos concellos de Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro (Lugo) que afecta á ZEC Serra do Xistral e á ZEC Río Ouro. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Figueiras, nos concellos de Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro (Lugo) que afecta á ZEC Serra do Xistral e á ZEC Río Ouro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de maio de 2022.
Coñece as características do proxecto de execución LAT 132 kV SET PE Serra da Lagoa- SET PE Navallos en Baralla e Castroverde (Lugo). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto de execución LAT 132 kV SET PE Serra da Lagoa- SET PE Navallos en Baralla e Castroverde (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 18 de maio de 2022.
Coñece as características do proxecto do proxecto LAT 220 kV evacuación do parque eólico Coto Loureiro e SE Monte Inxeiro ampliación 220 kV. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto LAT 220 kV evacuación do parque eólico Coto Loureiro e SE Monte Inxeiro ampliación 220 kV. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de maio de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Alto da Croa. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 24 de maio de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do parque eólico A Lagoa II en Santa Comba e Zas. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso de alzada: 21 de abril de 2022. *** Para as persoas que presentaran alegacións o prazo para presentar o recurso remataría ao mes da correspondente notificación.
ANUNCIO BOP da Coruña: Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, relativa ao parque eólico Lagoa II
Problemática dos parques eólicos A Lagoa I, A Lagoa II e a súa liña de evacuación:
División artificiosa de proxectos aos efectos ambientais.
As instalacións de evacuación son intrínsecas e comúns ao parque eólico A Lagoa I e ao parque eólico Lagoa II, por tanto, debería analizarse en todo o procedemento de avaliación ambiental. Esta infraestrutura resulta imprescindible para a viabilidade e desenvolvemento dos parques eólicos indicados, debido ao cal débense analizar pormenorizadamente os efectos e impactos da totalidade das infraestruturas asociadas ao parque.
A inclusión dos efectos e impactos ambientais dos dous parques eólicos e das instalacións de evacuación de enerxía e de conexión incrementarían considerablemente a magnitude dos impactos detectados no EIA, facendo necesario valorar outras alternativas ou implementar novas medidas correctoras.
Cómpre resaltar o carácter unitario dos parques eólicos previstos, no sentido de que todos os seus elementos e instalacións deben contemplase desde unha perspectiva unitaria, desde os accesos e os propios aeroxeradores ata a liña de conexión dos parques no seu conxunto coa rede de distribución ou transporte de electricidade. Iso conleva, efectivamente, que non pode darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores esixencias ambientais.
A Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos é unha técnica que non admite sucedáneos ou substitutos e que, por tanto, debe esixirse de forma íntegra, a fin de non frustrar a súa funcionalidade.
Coñece as características do proxecto do parque eólico Mancelo que afecta á Serra do Suído e á Serra do Faro de Avión. Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Mancelo. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 4 de maio de 2022.
INVENTARIO de HÁBITATS y ESPECIES de INTERÉS COMUNITARIO en el ESPACIO NATURAL SIERRA de O SUÍDO ‐ ALTO TEA, de Santiago Barciela García e Ignacio Munilla Rumbao
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Lucecú en Guitiriz, Vilalba, Xermade (Lugo) e Aranga (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 13 de maio de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Coto Loureiro. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 29 de abril de 2022.
Plataformas e entidades bergantiñás critican que a Xunta de Galicia non restaure as labores mineiras abandonadas do Monte Neme nin drene as augas ácedas das balsas de lodos, froito da minería irresponsable e do desleixo da Administración, pero que en cambio permita a instalación de macroeólicos no cume deste monte sacro.
Entidades de toda Galicia rexeitan os macroeólicos do Monte Neme
Enel Green Power España, S.L.U. prevé instalar 4 macroeólicos de 200 metros de altura no Monte Neme. O proxecto eólico está a exposición pública ata o 22 de abril deste ano. As instalacións afectan directamente a cauces como a Fonte Seca, orixe do rego Bandeira, onde se atoparon restos cerámicos e a sonada “arracada” de Cances, unha xoia de ouro galaica da Idade de Ferro.
Pero ademáis o Monte Neme é un dos 74 xacementos romanos da costa ártabra nunca intervidos desde o punto de vista arqueolóxico. Así o confirma unha tese doutoral do ano 2019 de María Josefa Loira Enriquez sobre “O proceso de romanización do antigo territorio dos ártabros: formas de poboamento e organización territorial ao longo do periodo romano”.
Ademais do valor patrimonial, o Monte Neme é un excelente mirador ao Atlántico, desde onde se observa todo o municipio de Malpica e boa parte de Carballo. Desde algún dos seus puntos máis elevados pódese ver incluso ata Ferrol. Cos seus 386 metros, este monte é visible desde calquer punto o territorio carballés.
Por iso o impacto paisaxístico dos macroeólicos previstos por Endesa será brutal para unha comarca que vive do turismo e da paisaxe. Carballo, que se vende turísticamente como “Senda do Mar” xa pode chamarse agora “Senda dos Eólicos”.
Praias como Pedra do Sal, Razo –Baldaio, Leira e Santa Mariña ocupan case 7 km de costa, xunto con pequenas calas como a de Montefonte. A praia de Razo – Baldaio con 5 km de lonxitude é un dos areais máis fermosos de Galicia aos que hai que engadir o alto valor ecosistémico da Rede Natura, no complexo marismeño –lagunar de Baldaio.
Endesa tamen obvia a importancia da arqueoloxía da paisaxe no Monte Neme, xa que este monte está na liña visual directa con outros como o Monte Perrol ou o Pico de Meda. Ademais, está rodeao por 4 castros: o Castro de Oza, Castro do Rodo, Castro de Cances e Castro de Brión.
O proxecto de Endesa obvia todos os impactos paisaxísticos e patrimoniais do Monte Neme e incluso prevé unha liña evacuación que, superando todas as expectativas do que o malo pode ser incluso peor, contempla unha lonxitude e 15 km con 64 apoios e afeccións irreversibles para a Rede Natura ZEC Río Anllóns, á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do río Lourido, á Carballeira de Sta. Mariña do Remuíño e ao Camiño de Santiago Vía Céltica ao seu paso polo val fluvial.
As plataformas e entidades solicitan o rexeitamento do proxecto eólico polo impacto paisaxístico e patrimonial inasumible e solicitan aos concellos de Carballo e de Malpica de Bergantiños que fagan o mesmo.
Monte Neme, 14 de marzo de 2022
Apoian:
Plataforma Monte Neme de Carballo e Malpica de Bergantiños
Asociación ambiental Petón do Lobo
Comité pola Defensa das Rías Altas
Asociación galega Cova Crea
Plataforma non máis eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural
Asociación “O Ouriol do Anllóns”
Plataforma veciñal O Cerqueiral de Coristanco
Plataforma veciñal “As Salgueiras” de Ponteceso
Sindicato Labrego Galego
Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra (Asociación Senda Nova, Asociación Contramínate de Laxe, Asociación de Veciños de Cereo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños…etc.)
Ecoloxistas en Acción Ortegal
Ecoloxistas en Acción Coruña Sur
Colectivo Apeom de Outes
Plataforma Quijote
Ecoloxistas en Acción Costa da Morte
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde en Lugo
Plataforma Stop Eólicos de Paradela
Movimento Ecoloxista da Limia
Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo
Plataforma veciñal Monfero Di Non
Plademar Muros-Noia
Ecoloxistas en Acción Lugo
Plataforma Salvemos O Iribio
Asociación en Defensa da Costa da Morte (Adecom)
Mina Touro – O Pino Non
Ecoloxistas en Acción A Mariña
Ecoloxistas en Acción Ártabra
Ecoloxistas en Acción Barbanza
Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte
Víctimas de la Justicia
Plataforma pola Convivencia Ética con Fauna Silvestre «Con-Ética»
Ecoloxistas en Acción Ribeiro
Rede do Rural
Asociación cultural Roxín Roxal
Ecoloxistas en Acción Galicia Centro
Cabanas Di Non
Montes de Chá
Serán na lagoa de Baldaio
O Monte Neme: da orixe sacra a minería irresponsable. E agora macroeólicos. Gracias #QuijotedeOutes
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Monte Neme. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 22 de abril de 2022.
Pero o Monte Neme non só encerra un xacemento romano. Tamén restos castrexos como a famosa arracada de Cances, que se conserva no Museo de Pontevedra. Véxase:
Aves na lagoa de BaldaioMarisma de Baldaio co Monte Neme ao fondoMalpica de Bergantiños co Monte Neme ao fondoArcea no Monte NemeZEC e ZEPA Costa a Morte
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Reboiro nos municipios de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acces ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 8 de abril de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Caíño en Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado e Abegondo (A Coruña); e Guitiriz (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 5 de abril de 2022.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións aos parques eólicos Ralea, Eco e Umbrío en Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes (Lugo) e con impacto severo á ZEC e ZEPA Ancares e á ZEC Serra da Enciña da Lastra. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 16 de marzo de 2022.