Galería

Axuda a protexer a escribenta das canaveiras, da manchea de parques eólicos. Pide á Xunta o cumprimento do seu Plan de Recuperación e a determinación do perímetro de protección dos seus hábitats. Descarga o modelo de solicitude e participa!

En relación á escribenta das canaveiras e os proxectos eólicos que poidan ter algunha incidencia sobre a especie, indicar que a Xunta de Galicia, tras darse a sí mesma un prazo de 6 anos para facelo (desde o 2013), non chegou a determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta especie en perigo de extinción.

A cuestión non é baladí porque hai unha manchea de parques eólicos que afectan a esta especie con charcas e humidais cuxo perímetro están sen determinar e a saber cal é a área comprendida no ámbito do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta, da que unicamente aparece nunha representación gráfica e fica por tanto o seu perímetro de zonificación ás expensas das avaliacións que realicen as mercantís promotoras eólicas.

Por iso pedimos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e á Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia a adopción da medida cautelar urxente consistente na paralización temporal da tramitación das avaliacións ambientais de todos aqueles proxectos eólicos que poidan incidir na zonificación da escribenta das canaveiras, tendo en conta a gravidade da situación da especie ao abeiro do documento denominado NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude. Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao, acompañado sempre do documento pdf que se achega, no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Axuda a protección da especie!

Galería

Familias afectadas polos proxectos eólicos do Cerqueiral, Salgueiras, Banzas, Maragouto e Coto dás Airas piden a inaplicación do Plan Sectorial eólico por desfasado e carecer de avaliación ambiental, que integre a normativa vixente e garanta o seu benestar

Familias afectadas polo Plan Sectorial eólico galego piden á Xunta a inaplicación dun regulamento desfasado, obsoleto e que non integra a actual normativa ambiental e paisaxística vixente. Muíños xigantes que cada vez teñen máis diámetro de rotor e que se colocan a 200 metros de casas illadas e a 500 de núcleos habitados sen que se teña en conta os impactos visuais e acústicos para as familias afectadas.

“Roubánnos a nosa Paisaxe” din familias afectadas polo proxecto éolico O Cerqueiral en Coristanco. E é que o Plan Sectorial eólico aprobado no ano 1997 non incorpora a normativa derivada do Convenio Europeo das Paisaxes, que indica que a Administración ten que plasmar nos Obxectivos de Calidade Paisaxística dos proxectos as aspiracións da cidadanía. E aquí o único que plasman son as aspiracións dunha empresa allea que ven facer cartos á costa do benestar dás familias afectadas.

O deber da Xunta de Galicia de inaplicar as normas inválidas

A Xunta de Galicia debe aplicar a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais lexislación ambiental en primeiro lugar, e en detrimento do regulamento do Plan Sectorial eólico de Galicia. A primeira esixe que todos os plans, entre os que está o Plan Sectorial eólico, deben contar con unha avaliación de impacto ambiental, documento que non integra porque está desfasado ao aprobarse no ano 1997.

Por outra banda a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia consolida a prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e a precaución respecto ás posibles intervencións que poidan afectar negativamente o patrimonio natural ou á biodiversidade.

Proxectos eólicos cada vez máis agresivos para o benestar dás familias no rural

Proxecto eólico do Cerqueiral de Greenalia.- a 500 metros dos núcelos de Padrín, O Rueiro, A  Brañeira, Couso e  Esternande, en Santa Comba e Coristanco. Un máis no medio doutros nove, dentro da mesma Área de Desenvolvemento Eólico.

Proxecto eólico de Banzas de Green Capital Power.- a 500 metros dos núcleos de Campolongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura, en Outes, Mazaricos e Negreira. Un máis no medio de outros oito parques.

Proxecto eólico Coto dás Airas de Coto das Airas S.L.-  emprázase directamente sobre a Serra do  Suído, un emprazamento de alto valor natural e paisaxístico. Por este motivo a Serra atópase clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) e sobre un sistema de humidais e de turbeiras de alto valor ecolóxico e ambiental, nos municipios de A Lama e Fornelo de Montes.

Proxecto eólico de Maragouto, de Green Capital Power.-  10 aeroxeneradores sobre o humidal dá Braña de Valadares, ao redor de 500 metros dás vivendas dás familias de 8 núcleos, turbeiras, carballeiras e unha manchea de hábitats prioritarios afectados, nos municipios de Outes e Negreira. Un máis no medio de trece parques en funcionamento e 12 máis en tramitación. Na zona de implantación do parque eólico Maragotuo atópanse actualmente en funcionamento ou autorizados trece parques eólicos situados nun radio de estudo de 15 quilómetros dos aeroxeradores proxectados: Parque Eólico  Corzán, Parque Eólico Serra de  Outres, Parque Eólico Pedregal  Tremuzo Ampliación, Parque Eólico Pedregal  Tremuzo, Parque Eólico  Paxareiras II  F, Parque Eólico Currás, Parque, Eólico  Paxareiras  IIB, Parque Eólico  Paxareiras II  C, Parque Eólico  Paxareiras I-II A (Montevos), Parque Eólico  Paxareiras II D-E, Parque Eólico Singular Carnota, Parque Eólico Singular Muros, e Parque Eólico Ponche Rebordelo (Fonte:  Rexistro Eólico de Galicia-Decembro 2019).

Ademais, actualmente na zona de implantación do parque eólico atópanse en tramitación doce parques eólicos: Parque Eólico  Banzas, Parque Eólico Outes, Parque Eólico Singular Outes, Parque Eólico Alvite, Parque Eólico Alvite II, Parque Eólico A Picota, Parque Eólico A  Ruña III, Parque Eólico A  Ruña II, Parque Eólico San Cosmeiro, Parque Eólico  Vaqueira, Parque Eólico Ampliación  Virxe, e Parque Eólico Alto dás  Agras (Fonte: Rexistro Eólico de Galicia-Decembro 2019).

Proxecto élico dás Salgueiras, de Norvento, S.L.- as infraestruturas do parque eólico están incluídas no ámbito de aplicación da normativa do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL), nas unidades de paisaxe Monte Branco (05.02.182), Praia de Balarés (05.02.181), Brañas de Gondomil (05.02.179), Esterio do Anllóns (05.02.183) e Cantís do Canteiro (05.02.180). Parte das infraestruturas inciden sobre un espazo de interés, espazo de interese paisaxístico (Cantís do Canteiro) e espazo de protección de ladeira”. O parque situarase a menos de 2 quilómetros do parque eólico Corme G-3 en funcionamento na actualidade. O proxecto afecta ás Paisaxes Pondalianas que reflictía na súa obra o bardo pontecesán Eduardo Pondal.

Asinan:

Plataforma As Salgueiras

Plataforma Quijote de Outes

Asoc. ambiental e cultural Petón do Lobo

Asoc. galega Cova Crea

Asoc. O Ouriol do Anllóns

Veciñas afectadas polo Cerqueiral