O carballo, val fluvial do río Lourido.

img_20160914_165759

O MUNDO chámase carballo

O MUNDO chámase carballo.
Podía ser
abedueira, chopo,
capudre, castiñeiro,
sobreira, virgondoiro,
teixo sombrío ou freixo de tríplice raíz.

Pero non,
o mundo chámase carballo
desde que o mundo é mundo.

Deitouse o avó
dos avós dos avós
á sombra do carballo,
e adormeceu, e o soño
naceulle dunha landra
coma cerebro, fixo
dúas follas minúsculas
e unha raíz que axiña
se dividiu buscando
sales, metais, materias
orgánicas escuras,
colleu pulo, estrincouse
sobre a terra, tirou
da seiva cara arriba,
xemou en tres, en catro, en cinco gallas,
abriuse lento coma un mundo,
formou roda, os paxaros
aniñaron nas fronzas,
e o peto carpenteiro
carpentaba buratos.

Darío Xohán Cabana.

«Historia de Corcoesto, nº.1», xa dispoñible a revista!

En breve rulará por Corcoesto, a revista «Historia de Corcoesto, nº 1». Ninguén pode perderse coñecer á dama do medievo Luisa de Lanzós, ao secretario do Tribunal do Santo Oficio Miguel Collazo, á valente Constanza Cardero ou ao extraordinario Domingo Amado que loitaba contra o abuso de poder do Conde de Toreno…, eso sen esquecer ao deus romano Quirino, e moitos outros persoeiros….Toma nota e solicita o teu exemplar.., xa está no taller de edición…!

Prezo: 6 €.

asociacionpetondolobo@hotmail.com

13737670_1739986352911621_497407218802613967_o

Val fluvial do río Lourido, nas parroquias de Cereo, Coristanco e Valenza (municipios de Cabana e Coristanco).

» O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comunica á Asociación galega Cova Crea,  a ampliación da AEIP 09_02 (Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do Lourido) á Carballeira de Santa Mariña do Remuiño en Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños.

» Santa Mariña do Remuiño e a súa emblemática carballeira centenaria figura como Lugar de Especial Interés Paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia. O LEIP Carballeira de Sta. Mariña de Corcoesto, forma parte da Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do río Lourido AEIP 09_02, tal e como se recolle no anexo cartográfico da Grande Área Paisaxística Chairas e Fosas Occidentais (páxina 340 do Catálogo das Paisaxes de Galicia).

» Isto foi posible á participación activa da cidadanía que colaborou nos Talleres de participación da Paisaxe organizados ao efecto polo Instituto de Estudos do Territorio, para a elaboración oficial do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

» O seguinte paso é o recoñecemento do val fluvial do Lourido como reserva fluvial.

A reserva natural fluvial é unha figura de protección para a conservación dos ríos. As reservas naturais fluviais son aqueles ríos, ou algún dos seus tramos, con escasa ou nula intervención humana e con unha elevada naturalidade, aos que se lle outorga esta protección coa finalidade de preservalos sin alteración. Os plans hidrolóxicos deben incorporar as reservas naturais fluviais das súas demarcacións.

O val fluvial do Lourido figura como área de especial interés paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia, que formará parte do Atlas das Paisaxes de Galicia, para identificar e caracterizar os valores e potencialidades das 50 comarcas que conforman as doce áreas paisaxísticas nas que figura dividido o territorio galego, e no que tamen se integrarán as Directrices da Paisaxe.

O val forma parte das doce Grandes Áreas Paisaxísticas: a GAP “Chairas e Fosas Occidentais”. Figura referenciado como AEIP_09_02 Río Lourido.

Os seus valores naturais veñen dados por:

  • Área de conservación do LIC río Anllóns.
  • Área potencial de Escribenta das canaveiras.
  • ZEC río Anllóns.
  • ZEPVN río Anllóns.
  • Zona 3 Plan xestión do Lobo.

Na web valfluvialdolouridocorcoesto.com, recóllese información sobre das características do val.

Santa Mariña do Remuiño, lugar de especial interés paisaxístico.

O Catálogo das Paisaxes amplía o recoñecemento como Lugar de especial interés paisaxístico (LEIP) á Carballeira de Sta. Mariña do Remuiño, en Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños.

A carballeira do Remuíño é centenaria. Á sombra dos carballos érguese, observando a ermida, un particular cruceiro: anverso de corazón cravado de espadas, reverso de coroa de espiñas e unha serpe. Na fachada da capela desapareceu un sillar cunha deusa prerromana da fertilidade. Hoxe encóntrase na ábsida da parroquial de San Martiño de Cores (Ponteceso). A fonte do Remuíño data de 1896.

En 1820, no primeiro intento de municipalización de España, Corcoesto foi nomeado concello. Trece anos despois, a capital do municipio pasaría a ser o lugar de Cabana (Cesullas). Segundo informa Pascual Madoz (tomo VI, 1845), en 1845 había dúas escolas no territorio de Cabana: unha en Cesullas e outra en Corcoesto; eran privadas, estaban sen mestres e tiñan entre ambas 42 alumnos.

Val fluvial do río Lourido- Corcoesto: unha proposta de reserva natural fluvial.

A reserva natural fluvial é unha figura de protección para a conservación dos ríos. As reservas naturais fluviais son aqueles ríos, ou algún dos seus tramos, con escasa ou nula intervención humana e con unha elevada naturalidade, aos que se lle outorga esta protección coa finalidade de preservalos sin alteración. Os plans hidrolóxicos deben incorporar as reservas naturais fluviais das súas demarcacións.

A reserva natural fluvial debe reunir certas características como son: a naturalidade do territorio onde se localiza o río, o seu bo estado ecolóxico, ausencia de alteracións hidromorfolóxicas e de actividades humanas e usos que poidan alterar tanto a calidade das augas como o seu réxime natural.

É por tanto unha figura de conservación complementaria do dominio público hidráulico.IMG_20160609_171449