Galería

Caldexa, caldesa ou caldesiña, a auga que abrolla entre a terra e encora no chan.

O microtopónimo Caldesiña fai referencia á fonte de Sta. Mariña, preto da mina romana ubicada na paraxe do mesmo nome.

Abrolla a auga burbulleando entre a terra e encora no chan. Aí bebía o gando nesa poza de auga acorada. De aí a expresión «deixa que beban os bois na caldexa».