Nun acto que terá lugar o 9 de marzo ás 16 horas, no local social de Cures, a parroquia rendirá homenaxe ás súas mulleres. Haberá unha mesa redonda veciñal e a instalación dunha placa na súa memoria.
Entre as mulleres están:
Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX.
Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto.
Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores Martínez Calvo e Concepción Calvo Amoedo.
María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767.
Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros.
Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista.
As fillas de Rosa: madriña Antonia.
Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós.
Mans de Xosefa Pérez, de 76 anos, nai, emigrante e gandeira. Mulleres que construíron País
A Orde do 28 de xuño de 2018 aprobaba inicialmente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia e abría o trámite de información pública por tres meses, é dicir, ata o vindeiro 5 de outubro, pero que papel vai a ter a muller propietaria e produtora galega no chamada “economía verde” que defende o Plan forestal galego? Foron escoitadas as mulleres no proceso de elaboración do Plan?
A pesar de que o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, recolle a integración trasversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, o certo é que non se menciona na documentación sometida a información pública, o impacto que esta revisión forestal suporá tanto para mulleres como para homes.
Segundo o significado legal da transversalidade, e a pesares de que a propiedade do monte, nunha boa parte está en mans de mulleres, a Xunta de Galicia non integra a dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, execución e seguimiento da política forestal e das accións que prevé desenvolver para o desarrollo do Plan Forestal, un plan que regula un sector económico fundamental para Galicia, como é o forestal e que ademáis artéllase como un instrumento de ordenación do territorio galego.
As mulleres galegas teñen un papel case que invisible como transformadoras na industria madereira de Galicia, pero sí un papel destacado como productoras, datos que se invisibilizan na documentación do Plan forestal, e esta situación é preciso que mude de inmediato e se respete a lei e a normativa da Unión Europea en materia de igualdade. Ademais unha parte importante da propiedade do monte en Galicia está en mans de mulleres, aspecto que ignora e invisibiliza o documento forestal. 1
A pesar de que a Lei fala da consecución da igualdade de oportunidades na política económica, laboral e social, o certo é que tanto o documento de diagnóstico como o de avaliación ambiental e as actuacións previstas non contemplan os impactos que a norma vai a supor para as mulleres galegas.
Por outra banda, a Xunta de Galicia, elabora un documento sen ter en conta a integración da perspectiva de xénero na actividade estatística do sector público galego relacionado co sector forestal, polo que se descoñece as eventuais repercusións que en cuestiónsde xénero que vai a ter o Plan forestal de Galicia, tal e como esixe o artigo 9 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.
Polo tanto, esiximos que o órgano superior en materia de igualdade de xénero en materia de igualdade, isto é, a Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Unidade de Igualdade, con categoría de Servizo, do departamento responsable en materia de traballo, isto é, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, informen sobre dos impactos que esta 1ª Revisión do Plan forestal de Galicia vai a supor tanto para o colectivo de mulleres como para o de homes e se adopten as actuacións pertinentes encamiñadas á consecución da igualdade neste sector económico chave para a economía galega.
Queremos saber tamén que papel destacado vai a ter a muller na bioeconomía ou economía verde que defende o Plan Forestal, baseada na plantación intensiva e extensiva de monocultivos forestais para a produción de biocombustibles, e se se vai a contar coas mulleres produtoras para participar nesta suposta “economía verde” e se estas están dacordo con estes obxectivos.
Por outra banda, cómpre destacar que ata o de agora, en todas as políticas económicas importantes de Galicia, como é o sector eólico, o plan básico autonómico, as directrices da paisaxe, as directrices de ordenación do litoral,…etc., non se aplicou o principio de transversalidade para valorar o impacto destas políticas no colectivo feminino, polo que a Xunta de Galicia continúa na práctica a perpetuar os roles masculinizados e as prácticas consuetudinarias e patriarcais na elaboración e execución da política económica e de ordenación do territorio en Galicia.
A política forestal da Xunta de Galicia está sentenciada ao fracaso, antes incluso do seu comezo, se non se teñen en conta ás propietarias e produtoras forestais de Galicia.
1 Tan só en parroquias da Costa da Morte como o caso de Corcoesto, Cereo e Valenza, o 93% da propiedade do monte está en mans de mulleres.
Que papel lle corresponde á muller galega dentro da política forestal da Xunta de Galicia?