“Herba pequerrechiña / que con medo sorrís / ó sol que vai nacendo / e morrendo sen tí, / ¿ por que de ser pequena / te me avergonzas tí? / ¡ O Universo sería / mais pequeno sen tí!”. Díaz Castro.
Na poesía de Díaz Castro a paisaxe está moi interiorizada.O autor con unha economía expresiva maxistral acadou na súa obra poética unha síntese de paisaxismo, intimismo e o que podemos denominar “telurismo cósmico”. O val fluvial do Lourido recórdanos a cotío a este autor.