Val fluvial do río Lourido- Corcoesto: valores naturais.

Val fluvial do río Lourido, parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza, municipios de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).

Esta entidade está a facer un esforzo para dar a coñecer, divulgar e protexer os valores naturais e patrimoniais do val fluvial do Lourido.

Para elo, configurou a páxina seguinte:

www.valfluvialdolouridocorcoesto.com

A páxina ten o contido seguinte:

  • Fotografías do val.
  • Referencias literarias.
  • Mapa do val.
  • Ruta de senderismo polo val elaborada pola Sociedade de Montaña Ártabros.

O val fluvial do Lourido figura como área de especial interés paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia, que formará parte do Atlas das Paisaxes de Galicia, para identificar e caracterizar os valores e potencialidades das 50 comarcas que conforman as doce áreas paisaxísticas nas que figura dividido o territorio galego, e no que tamen se integrarán as Directrices da Paisaxe.

O val forma parte das doce Grandes Áreas Paisaxísticas: a GAP “Chairas e Fosas Occidentais”. Figura referenciado como AEIP_09_02 Río Lourido.

Os seus valores naturais veñen dados por:

  • Área de conservación do LIC río Anllóns.
  • Área potencial de Escribenta das canaveiras.
  • ZEC río Anllóns.
  • ZEPVN río Anllóns.
  • Zona 3 Plan xestión do Lobo.

FLORA E FAUNA DO RÍO LOURIDO:

O río Lourido, ó igual que a maioría dos regatos e ríos de Galicia forman unha parte fundamental da nosa paisaxe característica, a paisaxe en mosaico. Trátase dunha paisaxe caracterizada por múltiples compoñentes, praderías, cultivos, bosques, ríos ou regatos, na que estes últimos cumpren unha función ecolóxica fundamental, servindo coma corredores de fauna.

A vexetación de ribeira, esténdese polas marxes do rego Lourido en bo estado de conservación. Está composta por Amieiros (Alnus glutinosa) como especie dominante, Salgueiros (Salix sp.) e Freixos (Fraxinus excelsior) aos que tamén se asocian Loureiros (Prunus laurocerasus) así como un importante e variado estrato arbustivo e herbáceo composto por múltiples especies como o Toxo (Ulex sp.), Xestas (Genista spp.) ,Carpazas (Cistus spp.), Uces (Erica spp.), Queirogas (Daboecia sp.)…

En canto á fauna alberga poboacións de especies que se atopan recollidas no Anexo II da DIRECTIVA 92/42 CEE do Consello, de 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, coñecida comunmente como Directiva Hábitats. O Anexo II determina as especies animais e vexetais de interés comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación.

Entre os mamíferos incluídos no Anexo II citado anteriormente, están presentes nas marxes do rego Lourido a toupa de río (Galemys pyrenaicus) e a lutra (Lutra lutra).

Tamén se atopan na zona, o muraño de Cabrera (Neomys anomalus), a rata de auga (Arvicola sapidus), o furón bravo (Mustela putorius) e o armiño (Mustela erminea).

Ademais, tamén ten un alto valor ecolóxico, debido á delicada situación ecolóxica destes grupos zoolóxicos, a presenza de diferentes especies de réptiles coma o escáncer común (Anguis fragilis), a cobra lagarteira (Coronella sp.) ou o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) recollido no Anexo II, e de anfibios coma o sapo común (Bufo bufo) o sapo raxado (Discoglossus galganoi) recollido no Anexo II, o sapo parteiro común (Alytes obstetricans), recollido no Anexo IV que determina as especies animais e vexetais de interés comunitario que requiren unha protección estricta, o tritón común (Lissotriton boscai) ou a saramaganta (Chioglossa lusitanica), recollida no Anexo II e cualificada como especie vulnerable.

Do mesmo xeito, é necesario mencionar as especies de difícil detección, pero que tamén poseen poboacións non propiamente nas marxes do rego Lourido, pero si nas formacións vexetais anexas, como o lirón careto (Eliomys quercinus), a garduña (Martes foina), o gato montés (Felis silvestris) e sobre todo o zorro (Vulpes vulpes).

En canto ao lobo (canis lupus) voltou ao val tras anos de ausencia.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s