Un ecomuseo é un proceso dinámico co cal as comunidades preservan, interpretan e valoran o seu patrimonio para o desenvolvemento sustentable. Un ecomuseo fúndase nun acordo coa comunidade.
É propio dun ecomuseo:
1. Os habitantes dos pobos son os únicos titulares da súa cultura. A eles correspóndelles o dereito de interpretala e de lexitimala.
2. O significado da cultura e dos seus valores pódese definir unicamente por parte da intuición humana e da interpretación baseada no coñecemento. A competencia cultural debe ser enriquecida.
3. A participación é esencial para os ecomuseos. A cultura é un ben común e democrático e debe ser xestionada democraticamente.
4. En caso de conflitos entre turismo e conservación cultural, é esta última a que recibe prioridade. O auténtico patrimonio non debe poñerse en venda, aínda que a produción dos bens de calidade baseados nas actividades tradicionais debe ser alentada.
5. É de máxima importancia a planificación integrada e ideada a longo prazo. É necesario escapar dos beneficios económicos a curto prazo que poden destruír a cultura.
6. A protección do patrimonio cultural debe integrarse nun enfoque ambiental completo. Desempeñan un papel fundamental para lograr este propósito os materiais e as técnicas tradicionais.
7. Os visitantes teñen a obrigación moral de manter un comportamento respectuoso. Deben seguir un código de conduta.
8. Os ecomuseos non contan con ningún tipo de «Biblia ou Manual». En todo momento serán distintos entre si, baseándose nas características culturais e a situación social local.
9. O desenvolvemento social é un requisito para a creación de ecomuseos en comunidades vitais. O benestar da cidadanía debe ser mellorado de maneira que non comprometa os valores tradicionais.
O Natural History Committee do ICOM elaborou unha propia definición de ecomuseo.
O ecomuseo é unha institución que xestiona, estuda e valora -con finalidades científicas, educativas e, en xeral, culturais- o patrimonio xeral dunha comunidade específica, incluído o ambiente natural e cultural do medio. Deste xeito, o ecomuseo é un vehículo para a participación cívica na proxección e no desenvolvemento colectivo. Con este fin, o ecomuseo sérvese de todos os instrumentos e os métodos á súa disposición co fin de permitir ao público comprender, xulgar e xestionar de forma responsable e libre- os problemas cos que debe enfrontarse. En esencia, o ecomuseo utiliza a linguaxe do resto, a realidade da vida cotiá e das situacións concretas co fin de alcanzar os cambios desexados.
O visitante pode apreciar in situ os valores que oferta cada recuncho natural do val.