Corcoesto: val fluvial do río Lourido.
O Paraíso, un topónimo imaxinario no lugar Grande de Corcoesto. Lugar sagrado ou nemeton celta.
Lugar de Pedrosa, co Paraíso ao fondo (Corcoesto).
O topónimo Paraíso fai referencia a un lugar ubicado no lugar Grande de Corcoesto. É unha terra que hoxe en día está adicada ao cultivo de hortas. O nome fai refencia a un lugar fermoso e tranquilo e ao lugar onde viven as almas dos xustos despois da morte e gozan de felicidade completa, e segundo relixións, da presencia de Deus ou deuses.
Antes da concentración parcelaria o lugar era un espazo dentro dun cercado redondo. Un valado baixo de pedra rodeaba a finca de aproximadamente unha hectárea.
Ao norte do recinto amurallado estaba o lugar dos Carballás, en referencia aos carballos que alí había e dos que hoxe aínda se conserva algún exemplar novo. Ao sur o lugar dos Caínzos, terra fértil e productiva, adicada á cultivos…
Ver la entrada original 335 palabras más