Galería

O Patrimonio etnográfico esquecido no Plan xeral de ordenación municipal do concello de Cabana de Bergantiños.

O futuro Plan xeral de ordenación municipal do concello de Cabana de Bergantiños, aprobado  inicialmente por Acordo do Pleno do 22 de marzo de 2018, esquece catalogar o importante conxunto etnográfico e patrimonial dos doce Muíños da Regueira   e do val fluvial do Lourido, na parroquia de Corcoesto.

  • O Plan tamén obvia o patrimonio etnográfico do val fluvial do Lourido, e en concreto, os muíños do Prillán e de Baralláns do río Lourido.
  • O futuro Plan urbanístico tamén esquece a a ficha de patrimonio do antigo cemiterio civil de Corcoesto.
  • Estas omisións estarían a incumprir a Resolución do 14 de febreiro de 2017 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, que establecía o alcance do documento e que establecía expresamente a recollida deste patrimonio pola súa importancia.

O conxunto etnográfico e patrimonial da Regueira está formado por 12 muiños ubicados no lugar de A Regueira. Deses 12 muiños, 2 foron muiños de maquía e os 8 restantes, muiños de herdeiros ou de pezas (o muiño coñéceselle polo nome da familia que tivera máis pezas ou días de moenda).

Algúns deles dispoñen dunha canle ou acueducto que conduce a auga ao muiño, outros en cambio, son muiños de cova, afundidos no cauce do río e onde a auga vertía directamente neles.

O lugar de A Regueira é un área ou espazo natural de alto valor ambiental e ecolóxico. Ademais da vexetación de ribeira e riparia, hai algunha fraga de árbores autóctonas de gran beleza natural e paisaxística.

Os Muiños 1 e 2 están ubicados abaixo da Ponte da Regueira. Os outros 8 localízanse augas arriba ao longo do cauce. O cauce é o rego de Sta. Margarida que nace en Baneira, na fonte de Sta. Margarida, aos pés do Monte Perrol. Atravesa o val de Bello e de Cures ata chegar A Regueira, onde recolle as augas de outros cauces menores para rematar no río Cardezo, afluente do río Anllóns.

O esplendor destes muiños estivo entre a década dos anos 1920 ata 1970. A Regueira era o centro da vida social, económica e cultural destes anos. A chamada “Casa de Pedro da Regueira”, hoxe parcialmente en ruinas, chegou a ser incluso sede de varios plenos municipais, naquelas datas nas que o concello de Cabana de Bergantiños non dispoñía de casa consistorial e mentras esta era construida.

Dispoñía de tenda ultramarinos, ferretería, librería, bar e casa de apostas (timba). O muiño nº 6 e 7 chegaron a ser refuxio dos Foucellas durante a dictatura.

MUIÑO Nº. 1 ou Muiño de Leis de Cardezo.

MUIÑO Nº 2 ou Muiño de Martínez.

MUIÑO Nº 3 ou Muiño da Señora e de  Sánchez.

MUIÑO Nº 4 ou Muiño de Baneira.

MUIÑO Nº 5 ou Muiño do Camiño.

MUIÑO Nº 6 ou Muiño de fariña de millo da Regueira (muiño de maquía).

MUIÑO Nº 7 ou Muiño de fariña de trigo da Regueira (muiño de maquía).

MUIÑO Nº 8 ou Muiño de Vinculeiro e do Picoto.

MUIÑO Nº 9 ou Muiño dos González.

MUIÑO Nº 10 ou Muiño do Campo do Río.

MUIÑO Nº 11 ou Muiño do Medio.

MUIÑO Nº 12 ou Muiño de Xan.

  • En relación ao val fluvial do río Lourido, área de especial interés paisaxístico que limita co concello de Coristanto, o documento urbanístico tamen omite o patrimonio etnográfico que existe no mesmo.

Así bótase en falla o Muíño do Prillán e o Muíño de Baralláns.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s