Galería

Caolines de Vimianzo, S.A.U levanta a veda mineira en Bergantiños e solicita autorización para investigar 12 cuadrículas mineiras en Laxe, correspondentes aos permisos Jorge Reyes nº 7148 e Don Sebastián nº 7147, para recursos de caolín, mica e sección C)

Así publicáse no DOG do 04/12/2018 a apertura dun período de alegacións ata o vindeiro 17 de xaneiro, para que as persoas afectadas poidan alegar o que estimen convinte, aos permisos de investigación mineira solicitados por Caolines de Vimianzo, S.A.U (Cavisa), nos concellos de Laxe, Cabana e Zas.

A autorización sería para investigar 12 cuadrículas mineiras que abranguen aos permisos Jorge Reyes, nº 7148 e Don Sebastián nº 7147, para os recursos de caolín, mica e sección C).

A autorización presentada pola empresa coincidiría co desarrollo do convenio de colaboración asinado entre a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a empresa Caolines de Vimianzo (Cavisa) e o concello de Laxe. O convenio asinado entre o  alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira, o presidente da Cámara Mineira, Juan de Dios Martín Aparicio e o director xeral de Caolines de Vimianzo (Cavisa), Juan José López Muñoz, daría pé ao pulo que cobran estes proxectos mineiros na actualidade, tras ser desbotados xa no seu día polo anterior alcalde socialista por ser incompatibles cos núcleos de poboación aos que afectan.

Por medio da Resolución do 11 de novembro de 2011, da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 236, do 13 de decembro), aprobouse a admisión a trámite da solicitude presentada por Caolines de Vimianzo, S.A.U. do permiso de investigación Don Sebastián nº 7147 para os recursos de caolín, mica e sección C) no termo municipal de Laxe da provincia da Coruña. Esta admisión foi declarada definitiva pola Resolución da Xefatura Territorial do 3 de abril de 2014.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo de Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, ou no portal da dita consellería http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras e alegar por escrito todo o que crean oportuno presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

4

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s