No día de hoxe pubícase no BOE a Resolución do 29 de abril de 2019, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 26 de abril de 2019, sobre a instauración do día de homenaxe aos españois deportados e falecidos en Mauthausen e noutros campos e a todas as vítimas do nazismo de España. «BOE» núm. 103, do 30 de abril de 2019.
A ver cando o goberno se acorda de retirar o valo que separa España de Marrocos, se respectan os Dereitos Humanos de todas as persoas migrantes e se respectan tamén os dereitos do pobo saharauí.

“O 5 de maio conmemórase a liberación no ano 1945 por parte das tropas aliadas do campo de concentración de Mauthausen, onde foron internados ao redor de sete mil cincocentos españois, do total de dez mil españois que estiveron en todos os campos de concentración nazis. Desprovistos da súa nacionalidade española por decisión do goberno franquista, declarados apátridas, os españois en campos de concentración nazis padeceron innumerables atrocidades, perdendo a vida cinco mil cento dezasete. Estes españois, na súa maioría exiliados republicanos que abandonaron o noso país ao final da Guerra de España, representan unha parte fundamental da memoria democrática de España e enlazan a historia do noso país coa historia de Europa. O seu padecimiento e morte constitúen un exemplo insuperable do sacrificio mostrado como loitadores pola democracia e a liberdade e merécense un recoñecemento público ao máis alto nivel. Esa finalidade de agradecemento e reparación é a que leva ao Goberno de España a tomar a decisión de instaurar en España, do mesmo xeito que existe xa noutros países europeos, un día de homenaxe, con carácter anual, que sirva para honrar a súa memoria.
Na súa virtude, a proposta da Ministra de Xustiza, o Consello de Ministros, na súa reunión do día 26 de abril de 2019, ACORDA:
Primeiro. Instaurar o «Día de Homenaxe aos españois deportados e falecidos en Mauthausen e noutros campos e a todas as vítimas do nazismo de España», con obxecto de honrar e servir de acto de recoñecemento da inxustiza que supuxo o exilio de moitos españois e o seu internamento en campos de concentración nazis. Segundo. Este Día celebrarase o 5 de maio, coincidindo coa conmemoración da liberación do campo de concentración de Mauthausen”.
