Galería

Asociacións da comarca de Bergantiños instan a nulidade da Declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico Bustelo por non avaliar os impactos no Lobo e o seus hábitats

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tanto se centrou na  protección da flor Centaurea ultreiae, unha margarida única na zona e protexida pola normativa, que esqueceu outra especie presente na zona e protexida polo Convenio de Berna como é o Lobo
  • Os proxectos eólicos proxectados de Bustelo, Campelo e Toural e as súas correspondentes instalacións de evacuación da enerxía fragmentan o territorio de forma considerable, a paisaxe e os hábitats da especie
  • Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais, o son por esta causa
  • A omisión e a falla de avaliación dos impactos sobre da especie provoca a nulidade radical e de pleno Dereito da Declaración de impacto ambiental, polo que instamos á cidadanía afectada destes concellos a impugnar a súa nulidade.

Por medio de anuncio do 9 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, publicábase a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Bustelo, nos concellos de Carballo e Coristanco (A Coruña) (clave do expediente 2018/0024), promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U.

Neste documento preceptivo e determinante para a autorización do proxecto eólico non hai referencia algunha con respecto ao Lobo. Esta omisión convela implícita unha posible prevaricación por omisión en relación ao empregado público responsable de informar o proxecto industrial, que neste caso correspondería á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que dirixe Belén María do Campo Piñeiro, e é causa de nulidade de pleno Dereito do proxecto industrial.

O Convenio de  Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979.  Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6.

Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica, especialmente no relacionado coa protección dos hábitats (artigos 3 e 4).

Por outra banda, o Decreto 297/2008, do 30 de decembro, polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia recolle no seu artigo 18 prevé o estudo e a análise do efecto barreira das infraestruturas, especialmente as infraestruturas lineais existentes entre A Coruña e Pontevedra, abordándose a identificación de corredores ecolóxicos e a conexión entre os lobos do norte de Pontevedra e a costa occidental da Coruña. Así mesmo indícase que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fomentará que nas avaliacións de impacto ambiental de proxectos de implantación eólica inclúanse datos sólidos sobre a presenza de lobos nas súas áreas de influencia e realícese unha avaliación e seguimento das afeccións da instalación eólica sobre a poboación de lobos; estrutura social, zonas de cría, uso do espazo, etc. Ademais realizarase un estudo de cuestións como a estrutura social das mandas, produtividade, mortalidade, uso do espazo e selección de zonas de cría en zonas con e sen parques eólicos, entre outras, que permitirán avaliar o impacto dos parques eólicos nos lobos.

O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de  Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de  Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

Fragmentación de hábitats e perda de biodiversidade derivada dunha deficiente e obsoleta planificación sectorial eólica

O proxecto do parque eólico Bustelo, ao igual que o proxecto Campelo e Toural comparten infraestruturas comúns, paisaxe e territorio. En canto á evacuación da enerxía producida no parque Bustelo, efectuarase a través da subestación 30/220 kV do PE Campelo (SET Campelo, prevista no proxecto do dito parque promovido tamén polo grupo Greenalia) que ademais será o punto de conexión para a evacuación da enerxía xerada noutro parque eólico deste mesmo promotor (PE Monte Toural). A conexión entre o centro colector e a SET Campelo efectuarase mediante unha liña eléctrica soterrada, que compartirá parte das gabias do cableado co PE Campelo (incluídas no proxecto do referido parque).

Desde a dita SET a enerxía destes tres parques (Bustelo, Campelo e Monte Toural) será evacuada de maneira conxunta mediante unha liña de alta tensión (LAT) en 220 kV (obxecto doutro proxecto pertencente tamén a este grupo empresarial) ata a Subestación de Mesón do Vento, propiedade de Red Eléctrica de España.

A inaplicación do Plan Sectorial eólico de Galicia en base a súa ilegalidade derivada da sua invalidez polo transcurso do tempo, ao abeiro da lexislación ambiental actual e ao principio de xerarquía normativa e nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneran normas de rango superior, como é o caso. Un plan como o Plan Sectorial eólico de Galicia necesita dunha avaliación de impacto ambiental, polas consecuencias de fragmentación que do mesmo se derivan para o territorio,  para as Paisaxes e incluso para outros plans como o Plan de xestión do Lobo, especie protexida polo Conveno de Berna.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s