- Rafaella Resources titular do Grupo Mineiro Santa Comba prevé explotar volframio e estaño da Canteira de Santa Comba (Costa do Cuzo), a pesar de non contar con autorización para extraer estes recursos
- Entidades ecoloxistas piden ao alcalde de Santa Comba, David Barbeira e ao Conselleiro de Industria Francisco Conde, que aclaren cal é a súa posición con respecto aos plans de Rafaella Resources e en que medida afectará a veciñanza e ao medio ambiente a megamina a ceo aberto da compañía australiana
- Solicitan máis transparencia ante os plans espúreos da compañía australiana que planifica extraer recursos da Sección C a través da autorización dá Canteira da mina

O documento da compañía australiana denominado “ASX Announcement 2 December 2020 Rafaella Resources Limited (ASX: RFR) Santa Comba PFS demonstrates Exceptional Economics with Assignment of Ore Reserves” indicaque Rafaella Resources Limited comezaría a actividade mineira a ceo aberto para a extracción de volframio e estaño a través da Canteira da mina, Costa de Cuzo. Sen embargo, a extracción do material da canteira realízase ao abeiro dun dereito mineiro da sección A), e non da sección C) como requiriría a extracción dos outros mineirais que se referencian no documento. A mercantil australiana asegura ademáis que comeza pola explotación dá canteira a ceo aberto, en tanto non poida comezar a explotar a ceo aberto ás sete concesións do Grupo Mineiro Santa Comba prevendo unha megamina na que se contempla ademais dun cráter, tres grandes escombreiras e un lago ácedo.
«Os anos de produción 1 a 3 están limitados pola obrigación de operar dentro do permiso ao descuberto existente en poder de Canteira dá Minas CdM. Os anos 1 a 3, mentres que opera baixo o permiso ao descuberto da CDM chámase Fase 1. A Fase 1 está deseñada para garantir que o Proxecto poida ser rastrexado rapidamente para fluxos de efectivo temperáns, proporcionando tempo suficiente para que GTT solicite os seus propios permisos ao descuberto para logo acceder ao resto do recurso minable (Fase 2). O estudo de viabilidade supón que o acordo co CDM permitirá a GTT cumprir co plan da mina e que se establecerán novos permisos segundo sexa necesario para a Fase 2, de modo que o resumo anual da produción poida entregarse sen restricións de permiso. (…) En Corcel, un pequeno pobo situado a poucos quilómetros ao leste do xacemento de tungsteno de Santa Comba, un programa de perforación recente demostrou o seu potencial para albergar un depósito de Ni de alta tonelaxe de baixo grao”.
Á vista do documento citado as entidades Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a asociación “O Ouriol do Anllóns”, solicitan tanto ao alcalde de Santa Comba como ao Conselleiro de Industria Francisco Conde, que informen á veciñanza e aclaren o seu posicionamento con respecto aos plans espúreos da compañía australiana, que prevé a utilización fraudulenta dos permisos da Canteira da mina (Costa do Cuzo) que son da sección A, para a extracción de volframio e estaño que son recursos da Sección C, e por tanto requiren doutro tipo de tramitación máis complexa.
As entidades citadas tamén queren saber que controis e supervisións está a realizar o órgano substantivo de minas (Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia) e o concello de Santa Comba, sobre a actividade real desta canteira e se esta se adica actualmente a extracción de recursos da Sección A) ou doutro tipo.
Chama a atención que unha empresa australiana que ten un proxecto de explotación autorizado para a minería subterránea en galerías prevé, sen que se teña coñecemento dá existencia de ningún outro proxecto en tramitación, sen avaliación de impacto ambiental e tras levar ao redor de 30 anos sen actividade extractiva, o inicio da explotación dunha megamina a ceo aberto dás características que indica no documento, a través do emprego fraudulento dos permisos da Canteira da mina e como é que as autoridades competentes o permiten.
