Galería

Veciñas de Roma e Meanos no municipio de Zas (A Coruña) piden axuda para frear o parque eólico Monte Tourado que promove Norvento S.L. Descarga o modelo de solicitude de revisión da Declaración de impacto ambiental e participa!

Despois de case 9 anos de tramitación, no DOG Núm. 80 de 29 de abril de 2021 publicouse a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, relativa ao proxecto do parque eólico Monte Tourado, nos concellos de Zas e Vimianzo (A Coruña), promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2011/05).

A veciñanza das parroquias de Roma e Meanos no municipio coruñés de Zas considera inxusta a aprobación favorable da Declaración de impacto ambiental dun parque eólico que lles vai a deixar o monte e a paisaxe fragmentada e sobre todo, que vai a ter un impacto significativo nas brañas de Roma. Por iso piden axuda para frear o proxecto eólico Monte Tourado.

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de solicitude de revisión e declaración de nulidade da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao, acompañado sempre dos dous documento pdf que se achegan, no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Axudémoslle á veciñanza!

Á anterior solicitude non esquezas engadir os seguintes documentos pdf:

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

Achégase NOTA CIENTÍFICA “Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018” de Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro, como DOCUMENTO NÚMERO 2.

Deja un comentario