Galería

Coñece o parque eólico A Picota no municipio de Mazaricos (A Coruña) e a súa afección paisaxística e patrimonial nun territorio de sacrificio inzado de muíños. Descarga o modelo de alegación e participa!

Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico A Picota no municipio de Mazaricos (A Coruña). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico A Picota no municipio de Mazaricos (A Coruña). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar as alegacións: 13 de decembro de 2021.

Podes consultar o mapa do parque eólico A Picota no seguinte enlace web da Plataforma Monfero Di Non:

Deja un comentario