Galería

Xa podes descargar o modelo de recurso de alzada á resolución de autorización do proxecto eólico Figueiras en Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro (Lugo). Participa!

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de recurso de alzada á autorización do proxecto eólico Figueiras en Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro (Lugo). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada. Tamén podes modificar o modelo. Fin do prazo para presentar o recurso: un mes contado a partir do día seguinte ao da NOTIFICACIÓN da resolución da autorización do parque eólico.

Consulta aquí a Resolución de autorización do proxecto eólico Figueiras:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230113/AnuncioV0653-221222-0003_gl.html

Deja un comentario