
NOTA: O Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína non prevé ningún trámite para a participación do público interesado, tal como esíxe tanto a Directiva 2011/92/UE para o procedemento de selección de proxectos (art. 4.4), como o Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, ratificado por España no 2005 (art. 6). Sen embargo, o público ten dereito a participar. A súa omisión invalidaría o procedemento administrativo e é obxecto de nulidade de pleno Dereito.
Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao proxecto do parque eólico Carballoso, na Lama, Fornelos de Montes (Pontevedra) e Avión (Ourense). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso Tamén podes modificar o modelo e melloralo.
Consulta o resumo executivo do proxecto do parque eólico Carballoso no seguinte enlace:
https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navAfeccionAmbiental
Para saber máis do proxecto do parque eólico Coto dás Airas, previsto para a mesma área xeográfica, podes consultar o seguinte enlace:
